O PXOM de Ponteceso dá pasos cara a protección do Anllóns


Recibíu o Concello de Ponteceso o informe definitivo favorable de Augas de Galicia, necesario para poñer a andar o Plan de Ordenación Municipal. Deste xeito, o PXOM levarase ao pleno esta semana, despois de remitir toda a información aos grupos, de teren unha comisión de urbanismo conxunta, para aprobalo provisionalmente á espera de que a Xunta dea o aprobado final, nun par de meses.
Así, o novo PXOM eliminará as normas actuais, do 2002. Se ben o o PSOE denunciaba a redución de edificabilidade no rural, o goberno local indica que se vai poder edificar en zonas onde ata agora non se podía. O máis destacable parece un coidado máis miúdo da protección medioambiental dos humedais, marismas e manatiais.
Un documento que xa se pode descargar na web municipal:
- Ponteceso.gel: PXOM de Ponteceso.
Novas relacionadas
- 24-09-14: O PSOE denuncia a redución de edificabilidade no rural de Ponteceso.
- 17-04-14: Novos pasos co PXOM en Ponteceso, Laxe, Cee, Camariñas e Muros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).