![asociacion-empresarios-ponteceso]()
Varios establecementos de Ponteceso ofrecerán este sábado importantes descontos de fin de tempada
Os gastos - especialmente para os que teñen fillos e fillan - adoitan aumentar durante o mes de setembro. Conscientes desta situación, a
asociación de empresarios de Ponteceso decidiron poñer en marcha unha campaña co fin de promover o aforro entre as familias da Costa da Morte.
Así, o vindeiro sábado - 2 de setembro - terá lugar o evento "Descontos de Bandeira" en varios establecementos da vila que se diferenciarán con banderíns de cores que ofrecerán grandes descontos de remate de tempada. A maiores haberá postos de venda a pé de rúa e os establecementos abrirán en horario ininterrumpido, de 10 a 21 horas.
IX Ruta do Mexillón![]()
A campaña de promoción do pequeno comercio coincide coa novena edición da ruta do Mellixón na que, como cada ano, os establecementos hostaleiros de Ponteceso ofrecerán con cada consumisión un pincho elaborado a base de mexillóns. O horario dos pinchos será de 12 a 15 horas e de 20 a 23 horas. Os establecementos onde se poderán desfrutar estes manxares tamén estarán identificados con guirnaldas de banderíns de cores.
Ademais de descontos e gastronómia, o
sábado haberá actividades para os máis pequenos en Ponteceso, como pintacaras, globofexia e animación musical.
E xa para rematar, os empresarios de Ponteceso sorterán tres lotes de material escolar e dous premios de cinco quilos de mexillóns entre todas as compras e consumicións feitas nos establecementos participantes durante o sábado. O sorteo realizarase o propio día ás 21:30 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Empresarios de Ponteceso