xoves. 15.05.2025
El tiempo

Os veciños de Corme xa poden esperar o bus na marquesiña

Os veciños de Corme xa poden esperar o bus na marquesiña

Pois si, mentres outras vilas claves para o servizo de transporte colectivo da Costa da Morte (como pode ser Baio, lugar mesmo de trasbordo) seguen sen marquesiñas, os veciños da vila de Corme xa poderán resgardarse mentres agardan o autobús.
I é que Veñen de rematarse as obras da Área de Estacionamento de Buses de Corme, situada na Rúa do Crego, en frente a igrexa. Esta obra, cun importe de 197.769,99€ foi posible grazas a un convenio de colaboración entre a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteceso, asinado o pasado 28 de xullo de 2010.

Máis obras

Incluído na mesma obra, instalouse un panel informativo que xestionará o Concello e coa finalidade de informar aos veciños e veciñas de Corme de toda a información que sexa de interese, xerada polo Concello de Ponteceso. Así mesmo, actualizaranse cos horarios dos autobuses, saídas e chegadas.

Continúan as melloras na Rúa do Crego

O Concello de Ponteceso inclúe dentro do Plan de Obras e Servizos (POS 2011) a obra de acondicionamento da Rúa do Crego, en Corme-Porto, que terá un importe de 97.000,30€. Trátase dunha obra moi importante para Corme xa que, co paso dos anos e o continuo tráfico, a Rúa do Crego atópase nunha situación de deterioro considerable, sendo unha das rúas principais do pobo de Corme. De forma breve, a obra consistirá no seguinte:

  • Construiranse novas beirarrúas con pavimento de adoquín e bordillo de cantería.
  • Mellorarase o firme da estrada que pasa pola rúa con aglomerado asfáltico.
  • Colocaranse proxectores de iluminación para a igrexa parroquial.
  • Incluiranse dentro do apartado de mobiliario urbán: Xardineras, papeleiras e dous contenedores soterrados.
  • Incluirae un panel informativo sobre os puntos de interese a visitar no pobo.

Máis información

Comentarios