Xoves. 10.10.2024
El tiempo

SANIDADE

Traballadores do PAC de Ponteceso solicitan reforzo para a Festa do Percebe

PAC PONTECESO
Traballadores do PAC de Ponteceso solicitan reforzo para a Festa do Percebe

Traballadores do PAC de Ponteceso solicitaron ao Servicio Galego de Saúde (Sergas) que se reforce o servizo médico do centro durante a celebración da festa do Percebe do Roncudo de Come, que terá lugar este sábado.

Ante a falta de resposta á súa petición, estes traballadores recórdanlle ao Sergas que o PAC está cuberto por un só equipo durante todo o ano, personal que dá cobertura a uns 13.000 habitantes de 3 municipios da Costa da Morte, cuxa poboación se dobra no verán e fins de semana. Destacan, así mesmo, que un só equipo ten que atender ás persoas que acudan ao centro, desprazarse aos domicilios situados a máis de 30 minutos, así como realizar traslados ao hospital situado a unha hora de distancia (só de ida), polo que é un centro que queda en numerosas ocasións sen persoal sanitario.

"A experiencia de anos anteriores, ante unha festa que non deixa de medrar en afluencia, sumada de por si deficiente dotación, levounos a solicitar dito reforzo para así poder garantir unha mínima calidade e seguridade na asistencia á poboación", explica unha das facultativas do centro a través dunha nota de prensa. Tamén apelan á responsabilidade xerencia da EOXI da Coruña para que poña os medios necesarios, e instan ao propio concello de Ponteceso para que "implante un plan de emerxencias adecuado e non se volvan repetir imaxe de ambulancias obstaculizadas ao seu paso, incluindo a contratación de equipos sanitarios para que actúen in situ".

Comentarios