Venres. 03.05.2024
El tiempo

Poemas infantís con Xurxo Souto e Fran Alonso na Fundación Eduardo Pondal

Poemas infantís con Xurxo Souto e Fran Alonso na Fundación Eduardo Pondal
Xa vimos como hai uns días a Fundación Eduardo Pondal recibía unha visita institucional. Pois ben, tal feito non eclipsou o nivel de actividade da mesma, que continúa adiante. I é que o Salón de Actos da Fundación Eduardo Pondal encheuse na xornada do pasado venres nun acto no que se presentou o libro de poemas infantís O meu gato é un poeta. A presentación correu a cargo de Xurxo Souto e Fran Alonso. Foi a terceira vez que se presentaba a publicación no noso país, logo das celebradas en Vigo e A Coruña. Entre o público estaban os alumnos da Escola de Verán 2011 ademáis dalgúns pais. Fran Alonso soubo gañarse ao esixentes cativos que formaban o público. I é que os nenos interactuaron con Alonso en todo momento a través dun xogo de palabras para construir poemas en directo. Tamén participou Xurxo Souto, que puxo as pezas musicais para combinalas coas voces dos rapaces. Durante a actividade recitáronse e cantáronse poemas de variadas vertentes temáticas como a ledicia, o medo ou o amor. Co gallo de atraer aos nenos, Fran Alonso utilizou diversos artiluxios que chamaban a atención do público miúdo.

Na vindeira semana

Na Fundación Eduardo Pondal non paran de artellar propostas e para mostra temos o que van desenvolver nesta semana. Este martes, 19 de xullo, estarán os gaiteiros do Centro Coreográfico Galego cun obradoiro de música tradicional. O mércores 20 fará obradoiros de maxia o Mago Andros. E xa o venres 22 contarán cun mini concerto de Magín Blanco centrado no seu libro, A nena e o grilo. Todas as actividades desenvolverase en horario matinal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios