Domingo. 23.02.2020
El tiempo

A Policía Local de Carballo e Ponteceso deteñen ao autor do roubo dun coche

A Policía Local de Carballo e Ponteceso deteñen ao autor do roubo dun coche

Xoves pola mañá, e un veciño entra nun comercio en pleno centro do casco urbano pontecesán, deixando o coche aparcado á porta coas chaves postas. Cando sae o vehículo non está, polo que chama á Policía Local. De contado, a Policía Local de Ponteceso ponse en marcha, e se dirixe cara Carballo, poñendo en alerta, do modelo de vehículo extraído, á Policía Local carballesa.

En poucos minutos, os membros dos corpos de seguridade atopan o coche na estrada, o paran, identifican e deteñen ao autor do roubo, que poñen a disposición xudicial. O vehículo foi recuperado sen danos e posto en custodia ata a súa retirada por parte do propietario.

Dende a Policía Local lembran a importancia de pechar ben os vehículos e non deixar nunca o vehículo aceso ou coas chaves postas.

comentarios