luns. 12.05.2025
El tiempo

Ponteceso aproba unha urbanización de 78 chalets en Tallo

Ponteceso aproba unha urbanización de 78 chalets en Tallo
Zona de Tallo  en Ponteceso, onde ira a urbanizacion de 78 chalets

O Pleno de Ponteceso vén de aprobar a construción dunha urbanización con 78 chalets na zona de Tallo. Coa abstención, que non voto en contra, dos 3 grupos da oposición, a empresa A Mezquita Desarrollos y Proyectos levará adiante, sen axudas gubernamentais, a obra.

Orzamento aprobado

O grupo de goberno desestimou as alegacións da oposición, presentadas polo PSOE co apoio de BNG e APIN, aos orzamentos.

Sinaturas contra a subida das taxas

No pleno tamén presentou APIN unha moción sobre as 287 sinaturas que os veciños de Corme reuniron para paralizar a suba de impostos. Pero non saíu adiante pois o grupo de goberno considerou que "non teñen validez".

Charla ás Pemes

O salón de plenos do Concello de Ponteceso acollerá o vindeiro 4 de febreiro ás 09.30h, unha charla destinada ás pemes sobre axudas que concede a Xunta de Galicia este ano. Confirmou a súa presenza o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, e un representante do Igape.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • La Voz.

Comentarios