Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico

08:01 09/12/13

Arrincaba esta fin de semana o Nadal Máxico do Concello de Ponteceso. Así, ademais do programa Concilia no Nada, que vemos abaixo, son varias as citas culturais que artella o concello para estes mes:
- Maxia no Nadal: o 14 de decembro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Edificio das Escolas tres grandes magos sorprenderannos coas seus trucos máxicos.
- XVII Certame de Corais: celebrarase o sábado 21 de decembro ás 20:30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas coa participación das corais do concello e cun grupo de cámara convidado.
- Cine de Nadal: proxectaranse dúas películas, o 27 de decembro no pavillón municipal de Corme e o 3 de xaneiro no Centro Cultural de Ponteceso, ámbalas dúas ás 18:00 h e dirixidas a tódolos públicos.
- Visita do Carteiro Real aos colexios: o día 19 no CRA e o día 20 no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que posteriormente lles serán contestadas.
- Cabalgata dos Reis Magos: o sábado 4 os Reis Magos visitarán as parroquias da localidade en tren ao longo do día recollendo as cartas dos nenos.
- Festa Real o domingo 5, de 17:00 a 20:00 horas no pavillón de Ponteceso, con inchables e degustación de chocolate e roscón.
Campamento de Nadal” e “Concilia no Nadal”
