Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico
08:01 09/12/13
Arrincaba esta fin de semana o Nadal Máxico do Concello de Ponteceso. Así, ademais do programa Concilia no Nada, que vemos abaixo, son varias as citas culturais que artella o concello para estes mes:
- Maxia no Nadal: o 14 de decembro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Edificio das Escolas tres grandes magos sorprenderannos coas seus trucos máxicos.
- XVII Certame de Corais: celebrarase o sábado 21 de decembro ás 20:30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas coa participación das corais do concello e cun grupo de cámara convidado.
- Cine de Nadal: proxectaranse dúas películas, o 27 de decembro no pavillón municipal de Corme e o 3 de xaneiro no Centro Cultural de Ponteceso, ámbalas dúas ás 18:00 h e dirixidas a tódolos públicos.
- Visita do Carteiro Real aos colexios: o día 19 no CRA e o día 20 no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que posteriormente lles serán contestadas.
- Cabalgata dos Reis Magos: o sábado 4 os Reis Magos visitarán as parroquias da localidade en tren ao longo do día recollendo as cartas dos nenos.
- Festa Real o domingo 5, de 17:00 a 20:00 horas no pavillón de Ponteceso, con inchables e degustación de chocolate e roscón.
Campamento de Nadal” e “Concilia no Nadal”
O Concello artella tamén un programa de actividades de Nadal creando un Campamento, e ademais pensa nas familias preparando un programa de Conciliación.
Cómpre destacar os sábados de conciliación 7, 4 e 21 de Decembro de 16.00h a 19.00h no Edificio das Escolas en Ponteceso, con actividades para que os cativos pasen as tardes ocupadas.
Ademais, o Campamento de Nadal desenvolverase en Ponteceso e Corme 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 10.00h a 13.00h. Serán actividades gratuitas para nen@s de 4 a 10 anos.
A Inscrición é do 2 ao 5 de decembro no Departamento de Educación Familiar en Ponteceso ou Oficina Municipal en Corme.