Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ponteceso Cultura Permanente pon 3 exposicións á vista

Exposicions de Ponteceso Cultura Permanente
Ponteceso Cultura Permanente pon 3 exposicións á vista

Os locais de hostalería de Corme, a Casa da Cultura de Cee, e o Bar o Cruce de Ponteceso, convírtense este abril en galerías de arte gracias ao colectivo Ponteceso Cultura Permanente. Son 3 as exposicións que a entidade abre para espallar o talento da comarca.

Serán as fotos de Drew no marco da súa exposición “Ceo, Mar e Terra” as que enchan de cores varios establecimentos da súa vila, Corme. O Bar O Cabazo, Restaurante Miramar, Cervexería O Biscoteiro, a Taberna A Brinca, Bar o Casino, Bar Lista, o Bodegón O Labrego e a Taberna A Torriñña acollen imaxes tan impactantes como a mar de Ardora.

Xa se pode ver ademais no Bar o Cruce de Ponteceso, as pinturas de Luís Lista, na súa exposición “Inicio”.

Ademais, Diego Pérez Carpeño exporá do 11 de abril ao 1 de maio na Casa da Cultura de Cee os seus lenzos da serie “Agua”.

Novas relacionadas

Comentarios