Ponteceso expón a arte redeira

09:37 10/04/12

Segue Ponteceso sendo o epicentro redeiro nos últimos tempos, ademais do novo centro da arte contemporánea. Se as pasadas semanas A Xunta fixábase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector, esta semana é a capital do municipio a que acolle a exposición "As redes, o noso traballo".
Un traballo das Asociación de redeiras de Corme e Malpica.
O Centro Cultural en Ponteceso, acolle a exposición ata o 30 de abril, en horario de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h, de luns a venres.
Novas relacionadas
- A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte.
- A Xunta segue perfilando a Guía da Saúde de percebeiras, redeiras e mariscadoras.
- A Xunta fíxase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector.
Fonte
- Concello de Ponteceso.