Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte

A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte

Quen nolo ía dicir ? A Costa da Morte, toda unha potencia en arte contemporánea. Pois nesa liña traballa xa o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte, que esta Semana Santa abría as súas portas en Corme, Concello de Ponteceso, da man da Fundación Torre Pujales, que preside a brava a viúva do pintor Julio Pujales, Cristina Torre Cervigón.

Este novo espazo cultural vén cubrir unha grande carencia na bisbarra, pois se ben temos museos dedicados ao mar, á pesca, á auga, aos muíños, á electricidade, ao encaixe ou á olería, a Costa nunca mirou en fite á arte. Así, o MAC que pretende convertirse nunha referencia creativa, iso si, onde as tradicións, a etnografía e a salvaxe paisaxe sirvan de fontes de inspiración para os novos creadores.

Artistas da colección

O Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte acolle a práctica totalidade da obra do pintor Julio Pujales. O centro tamén reúne unha extensa colección de pinturas, esculturas e fotografías. Entre os artistas que se inclúen na colección destacan nomes como o de Alfonso Abelenda, Antonio Saura, Colmeiro, Eduardo Arroyo, Laxeiro ou Jorge Peteiro. Ademais, esta a oferta artística irase completando a través das creacións de artistas plásticos a nivel internacional que gozan das bolsas de formación concedidas pola propia fundación.

Quixo estar presente na inauguración o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que axudou ao proxecto en materia de equipación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios