Ponteceso ponse a dúas rodas para o Día da Bici
Este domingo 6 de agosto o Concello de Ponteceso artella o 29º Día da Bicicleta, unha actividade para toda a familia, pais, nais, avós, fillos, netos... todos xuntos. É un paseo, non unha carreira e este ano iremos dende Pazos a Xornes.
O percorrido será o seguinte: saída da praza de Pazos, circularase por Pazos de Arriba, Frade, Casas do Monte e Xornes (Froxán, Xornes de Arriba-Pasacundía). O avituallamento será no local social e ao rematar, volta para Pazos.
As inscricións serán o mesmo día da actividade, de 9 a 10:45 h na Praza de Pazos, punto neurálxico da actividade.
Daráselle unha camiseta a cada participante, sortearanse distintos agasallos, entre eles o premio estrela, UNHA BICI e tamén teremos un “cariño” para o participante de maior idade.
O Concello quere agradecer aos colaboradores; Almacenes Cros, Talleres Serafín Ures, JM Carpintería, Agro-Forestal Ures Torrado, Panadería Forniños, Eroski City, Joyería Romar, Contrucciones Barca, Autocares J.Pombo, Instalacións eléctricas Germán, Carpintería Javier Pérez Cancela e Panadería Pazos.