luns. 13.07.2026
El tiempo

Máis de 12.500€ en premios para o Certame Internacional de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor

CARTEL PONTECESO- Certame Pintura
CARTEL PONTECESO- Certame Pintura
Máis de 12.500€ en premios para o Certame Internacional de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor

Volve, e con máis forza que nunca, o Certame Internacional de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor. O vindeiro domingo 19 de xullo Ponteceso acolle a 7ª edición de deste concurso que contará con ata 12.600 euros en premios, repartidos entre os 20 primeiros galardonados.

O concurso terá un máximo de 100 participantes, que de seguro chegarán de todas partes de Europa, convertindo a vila de Pondal nun auténtico referente..

Os premios son os seguintes, estando suxeitos á retención fiscal establecida:

  • 1º Premio: 3.000 euros e diploma
  • 2º Premio: 1.500 euros e diploma
  • 3º Premio: 1.000 euros e diploma
  • 4º Premio: 600 euros e diploma
  • 5º Premio: 500 euros e diploma
  • Do 6º ao 20º premio: 400 euros e diploma

Aqueles interesados dispoñen das bases e folla de preinscrición na sección de novas da web do Concello, así coma na sede electrónica de Ponteceso, mandándoa a través do correo adrian.brandariz@ponteceso.gal ou pola mesma sede. As inscricións definitivas realizaranse no Centro Cultural Xosé Neira Vilas de Ponteceso, gratuitamente o mesmo día 19, entre as 9:00 e 11:00 h, onde se selarán os lenzos e entregaranse a cada participante unha bolsa de picnic.

Os participantes dispoñerán ata as 16:30 h para entregar as obras, no punto de control establecido polo xurado, o cal estará composto por coñecedores das artes plásticas. Dito xurado emitirá dictamen ás 19:30 h, coa entrega de diplomas e os premios correspondentes aos primeiros vinte gañadores. Aqueles participantes sen premiar poderán firmar e poñer o importe para a súa venda na parte traseira, estando en exposición pública ata as 21:00 h.

O certame está organizado pola Concellería e Departamento de Cultura de Ponteceso, a cargo da rexedora Raquel Fondo, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Comentarios