Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ponteceso propón dúas tardes máxicas de Entroido

  • O sábado 11, o Pavillón de Ponteceso acollerá a XXX edición do Desfile de Disfraces, que conta cun prazo de inscrición ata o venres ás 14.00 horas e é o prato forte dunha tarde con DJ, fotomatón, inchables e degustación.
  • A tarde do martes 13 celébrase o Baile de disfraces no Pavillón de Corme
Entroido 2024 Ponteceso
Ponteceso propón dúas tardes máxicas de Entroido

Ponteceso vivirá o domingo 11 de febreiro e o martes 13 dúas tardes de Entroido “máxicas”. O executivo local, por medio da súa área de Cultura, propón un Entroido repartido entre o pavillón de Ponteceso e o de Corme, que contará con desfiles, animación, música e obradoiros ambos os dous días e repartirá ata 3.000 euros en premios.

Concretamente, faráo o domingo 11 na que será a XXX edición do Desfile de Disfraces ‘Ponte de Entroido’. As inscricións para participar, que se poden formalizar nas oficinas municipais, na sede electrónica ou a través do teléfono 630 90 71 24, permanecerán abertas ata o venres 9 de febreiro ás 14.00 horas.
O certame será o prato forte dun domingo que arrincará ás 17.00 horas na praza do Relleno ata chegar ao pavillón de Ponteceso. A partires das 17.30 está previsto o inicio dos desfiles e actuacións no palco. Xa sobre as 19.00 horas comezará a festa rachada, con DJ, fotomatón, obsequios, inchables e degustación dos produtos típicos do Entroido.

Tras esta xornada de domingo, a troula non remata. O martes 13 de febreiro a actividade trasládase ao pavillón de Corme, co Baile de disfraces. A partires das 17.30 horas comezará a actividade para os cativos e cativas cos inchables. Unha hora despois, sobre as 18.30, arrincarán os desfiles e os obradoiros, ademais da actuación dun dúo musical e a degustación prevista.

Máis citas de Entroido

 

Comentarios