Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O PP quece motores en Bergantiños para as municipais

  • Xosé Manuel Mato (na foto, segundo pola dereita) xa exerce como voceiro popular de Ponteceso
PP COMARCAL BERGANTIÑOS 2022
Foto dos voceiros populares de Bergantiños
O PP quece motores en Bergantiños para as municipais
Queda menos para o mes de maio, cando se celebren as Eleccións Municipais. E os partidos vanse situando. Esta mañá de luns, a dirección do PP provincial, dirixida por Diego Calvo citouse hoxe cos alcaldes e portavoces de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso.

Precisamente a primeira foto de Xosé Manuel Mato como voceiro do PP pontecesán foi unha das imaxes da sesión.

O PP arrinca en Carballo unha nova rolda de comarcais co obxectivo de conformar os mellores equipos para as municipais • Diego Calvo insistiu na “importancia” deste tipo de encontros para manter ao partido “vivo, en escoita permanente e traballando na confección dos mellores equipos” co obxectivo de afrontar con plenas garantías a cita coas urnas locais • Destacou o traballo feito polos alcaldes populares da comarca e asegurou que a súa formación “non vén prometer cousas que non teñamos demostrado”. • “Nesta contorna basta con botar unha ollada do que somos capaces de ofrecer onde gobernamos”, puntualizou. • O líder dos populares subliñou que a súa formación aspira non só consolidar as maiorías coas que xa conta, senón que buscará ser a forza maioritaria en Carballo e Ponteceso

Calvo na “importancia” deste tipo de encontros para manter ao partido “vivo, en escoita permanente e traballando na confección dos mellores equipos” co obxectivo de afrontar con plenas garantías a cita coas urnas locais.

A palabra “cambio” foi unha das máis usadas en clave estatal, pero ao mesmo tempo Calvo puxo o exemplo dos gobernos populares de Cabana, Laxe, Malpica, Coristanco e Laracha. “Aquí non vimos prometer cousas que non teñamos demostrado. Aquí basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer os nosos alcaldes e comparalo cos problemas que existen en Ponteceso, cun alcalde en minoría e con só dous apoios, ou co proxecto caduco de Evencio Ferrero en Carballo”, asegurou.

”Non renunciamos a nada en municipios como Carballo e Ponteceso”, apuntou Calvo, calificándoos de “modelos caducos e de confrontación”. Así, de Carballo Calvo sinalou que “Por moito que o señor Ferrero trata de apartarse, o certo é que pertence a un BNG que segue ancorado na política do ‘non’ e da confrontación”, dixo o popular, quen engadiu que o proxecto nacionalista está xa “caduco” e “falto de ambición”.

En canto á xestión de Xosé Lois García en Ponteceso, resaltou que “o único que coñecen os veciños son denuncias internas, enfrontamentos e dimisións”. “De xestión, da presentación de plans e da elaboración de proxectos, nada de nada”, dixo o popular, quen volveu subliñar que, fronte a este “despropósito”, o seu partido ofrece a “seguridade, a certeza e a fiabilidade” dos seus alcaldes.

Comentarios