Martes. 19.03.2024
El tiempo

Na procura de 1.000 kg para os 30 anos da Festa do Percebe do Roncudo

Percebeiros de Corme na zona do Roncudo
Percebeiros de Corme estes días traballando na zona do Roncudo. Foto: Francisco Mosqueira
Na procura de 1.000 kg para os 30 anos da Festa do Percebe do Roncudo

Con algo máis de mar do que é habitual nesta época, afrontaron esta singular semana os percebeiros de Corme. Dende o luns, e contando cas mareas, os 30-40 percebeiros da Confraría de Corme levan traballando arreo para conseguir os 1.000kg que adoitan servir cada ano na Festa do Percebe do Roncudo.
Unha Festa de Interese Turistico Galego, que celebra este sábado 2 de xullo o seu 30º aniversario, e que o fai por todo o alto.

Polo de pronto están conseguindo levantar entre 200 e 300 kilos cada día, pero as condicións durante xoves e venres están sendo mellores e contan con chegar ao obxectivo: 1.000 kilos dun dos mellores mariscos do mundo, o das famosas Moas do Roncudo, as rochas reservadas precisamente para esta época.

Curioso é a viaxe que ten que dar o percebe extraído nas rochas cormelás. Antigamente, cando se vendía na Lonxa de Corme, a Asociación do Percebe xa o compraba directamente, pero dende hai 15 anos véndese na lonxa da Coruña, polo que ou, ademais de ir mariscar, os percebeiros se levantan as 5:00h para ir ao Muro a comprar na subasta o seu propio percebe, ou como adoitan facer dende entón, conseguen o compromiso de que o seu subastador habitual, Paco Moinelo, o compra directamente e o garda en neveiras. O sábado a primeira hora, farán o viaxe de volta á vila.
A comezos de semana estábanse vendendo a 45€/kilo, dando conta do prezado que é este produto.

Fundación Titanic

Unha das propostas máis novidades será a que protagonice Jesús Ferreiro. O cormelán, presidente da Fundación Titanic, ofrecerá ás 12:00h conferencia aberta na lonxa sobre as vivenzas cos supervivintes do Titanic. Toda unha serie de historias incribles, aderezadas dunha coidada presentación chea de imaxes pouco vistas.

O Rei do Marisco

Ao remate da charla, xa se poderá ir sentando un pola carpa para pedir unha das 2.000-2.500 racións coas que conta servir a Confraría. Todo un manxar para degustar unha vez ao ano.

A festa das camisetas

Unha pandilla no Percebe de 2018-Foto: Fin Lema

Xa hai ambiente de festa nas rúas de Corme, xa se percibe. Porque ademais da vea gastronómica, o Percebe é unha das festas, rollo Mikaela, máis arraigadas entre a mocidade de toda a bisbarra. Pandillas de colegas que preparan, con esmero, as súas camisetas ano tras ano, que serven de reinvidicación ou de vacile para encontrarse con outros grupos da volta.

Camiseta dunha pandilla para a Fest do Percebe de Corme
Así é o deseño dunha das camisetas que levará unha pandilla de cormelás durante a festa, co deseño feito por Olalla Veres e debuxo protagonizado por Alejandría Chans, unha das percebeiras da vila e unha personas que leva o peso da Festa

Homenaxe aos fundadores

Como homenaxe aquela Os Pregoeiros serán, scomo xa contamos, serán os creadores da Festa daquel 4 de xullo de 1992. Sairán ao palco Inocencio Suárez, o patrón maior daquel ano; Marcial Mouzo, o xornalista camariñán foi o primeiro pregoeiro; e Ramón Saleta, o cormelán foi o alcalde de Ponteceso que apoio aquela primeira edición.

Presentación da I Festa do Percebe. 1992
Foto da Presentación da I Festa do Percebe en 1992

Música de todos os estilos, e fogos de artificio

Referencias a nivel internacional como DJ Charlie, DJ Roi, DJ Jose, DJ Araisen, e tamén xente da casa como DJ Drew, serán os responsables de poñer a música durante toda a xornada sabatina. Pero non só haberá “zapatilla”, senón se van escoitar todos os estilos, adecuados ao horario e ao público presente.

A organización da música corre a cargo de 4 rapaces da vila, que ademais coordinarán o Bar da Comisión. Ofreceron unha boa cantidade e dende a Confraría e a Asociación organizadora consideran moi positivo que os cartos queden na vila.

Ademais, contra a medianoite, haberá fogos de artificio para celebrar este 30 aniversaio.

Cupón da ONCE

E tamén no marco desta edición, este mércores presentábase na confraría o Cupón (do día 10 de xullo) que a ONCE dedicou a esta Festa de Intere Turístico.

Cupon da ONCE do Percebe de Corme
Presentación do Cupón da ONCE do Percebe

Novas relacionadas

Comentarios