Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ratifican a inclusión da Fonte de Canasteves no Catálogo de Patrimonio

Fonte de Canasteves
Ratifican a inclusión da Fonte de Canasteves no Catálogo de Patrimonio

O conxunto patrimonial da Fonte-Lavadoiro de Canasteves, entraba no Catálogo de Patrimonio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia o pasado mes de xaneiro de 2022. Pero un veciño propietario de dúas fincas colindantes, presentou un Recurso de Casación.

Un recurso desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que vén de ratificar a decisión de Patrimonio de incluílo no catálogo, dándole á razón aos veciños que forman a Plataforma pola defensa da Fonte de Canasteves.

O fallo do TSXG (que ratifica un acordo plenario de 1986 que o delcara de dominio público e unha sentenza emitida en 1987 polo Xulgado de primeira instancia de Carballo) motiva a legalidade da decisión de Patrimonio en que se trata de bens comunais con valor etnolóxico e que pola sua antigüidade de máis de 100 anos son de carácter histórico. 

Pero en calquera caso, a sentenza non dubida da propiedade. Deste xeito, e á espera do que sinale o Tribunal Supremo,  singular espazo formado por unha mina, fonte, lavadeiro e os camiños de acceso, están protexidos.

Comentarios