A redeira Rosa Rodríguez, homenaxeada como pregoeira da Festa do Percebe

Rosa Rodriguez Vidal, Redeira de Corme, nun dos talleres formativos na prisión de Teixeiro

Inmellorable pregoeira a que formula este ano a Festa do Percebe do Roncudo. Corme quere agradecer a labor impagable dunha muller que leva décadas loitando pola dignidade da súa profesión, elevando a figura e a labor da redeira a un dos oficios imprescindibles da nosa sociedade.

Rosa Rodriguez Vidal, a presidenta da Asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme, será a pregoeira da XXXIV Festa do Percebe do Roncundo. A Asociación Promoción do Percebe do Roncudo e o Concello de Ponteceso escollen á pioneira redeira para dar a benvida na xornada do 18 de xullo de 2026.

 

A súa pronta xubilación pon en perigo ademais o relevo dunha profesión necesaria para o sector do mar, polo que a súa palabra collerá máis peso. 

Pero o legado de Rosa vai moito máis alá. Ademais de pelexar por manter unha ducia de postos de traballo na súa vila, Rosa foi unha pioneira á hora de conseguir que un oficio antigo se convirta en vangarda. Gracias ás súas creacións, dende hai máis dunha década e xunto con compañeiras como Chus, conseguiron facerse un nome como creadoras de Artesanía de Galicia. Os seus bolsos e demais artigos son un auténtico tesouro, no que leva sendo durante anos un plus para complementar a súa principal labor: tecer as redes de pesca dos barcos da provincia.

 

 

 

"A súa xubilación non é un adeus, é a celebración dunha carreira impecable que deixa unha pegada profunda no noso patrimonio cultural", recoñecen dende a Asociación promotora da festa e dende o pósito. "Grazas ao seu carisma e á súa sabiduría, levou o nome de Corme ás pantallas de televisión de medio mundo".
"Como presidenta da Asociación de Redeiras Illa da Estrela, foi o motor e a alma dun colectivo que loitou por dar dignidade e futuro ao seu oficio. Baixo a súa presidencia, a asociación converteuse nun exemplo de como a unión fai a forza, transformando un traballo artesán nunha marca de prestixio recoñecida en todo o mundo".

 

Hai ademais caras de Rosa que non se coñece. Nos últimos anos colabora e traballa coa Fundación Érguete nun proxecto que vén de ser recoñecido pola Depuración da Coruña como o Mellor Programa de Inclusión Social da provincia. Rosa é parte fundamental da iniciativa Tecendo Redes. Ela forma a internos do Centro Penitenciario de Teixeiro e do CIS da Coruña, ensinando a tecer redes recicladas de pesca e convertilas en redes de canastas e porterías de centros educativos de toda a provincia.

O seu carácter, o seu carisma, o seu carisma, faille gañarse o respecto e o cariño tanto de traballadoras, responsables políticas ou persoas privadas de liberdade.

Máis novas