As redeiras chegarán ás Bibliotecas co libro “Xela, a redeira”
Máis alá dun pequeno desencontro entre políticos, o encontro do pasado venres en Malpica servíu de recoñecemento ao traballo das redeiras de toda Galicia. A Conselleira do Mar achegábase para presentar o conto ‘Xela, a redeira’, unha boa ferramenta para dar a coñecer este oficio e promover o relevo xeracional.
Fíxoo na sede da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, promotora do conto, que tamén traaballa nunha curta documental e unha exposición que difunden a historia deste traballo e a súa importancia para o desenvolvemento da actividade pesqueira.
O conto foi escrito por Alexandra Touza e ilustrado por Patricia Eirín.
Pola súa parte, a produtora Muzungu Producións, en coprodución con Doha Debates, está en pleno proceso de creación da curta documental, unha peza que narra a historia das redeiras e a súa loita por acadar os mesmos dereitos dos que gozan os homes no sector da pesca.
Pola súa parte a exposición “Redeiras. Unha profesión con historia”, cuia comisaria é Xela Rodríguez, está composta por fotos súas e de Rolando López Pérez e pon en valor o papel das mulleres no labor de reparación e fabricación de redes, un dos máis antigos oficios mariñeiros.
A expo está na Lonxa