“A artesanía é un plus para as redeiras”
Temos visitado xa o grupo de 14 profesionais que forman a Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme. Un grupo diverso que ten claras as súas orixes, e o seu traballo prioritario, a súa principal fonte de ingresos: os aparellos.
Son milleiros os centos de kilos de aparello que teñen que tecer, reparar, crear, para que ducias de barcos de pesca da Costa da Morte poidan saír a faenar cada día. De feito, un dos problemas que sofre o colectivo é a falta de traballadoras para asumir todo o traballo que teñen, e como a frontar o problema relevo xeracional. Estes meses están encantadas pois contan cunha nova redeira, unha veciña de Corme que despois de facer o curso de 3 meses en Marín, xa exerce no porto.
Sen perder ese do horizonte, entre as 14 hai algunhas que buscan tamén outra vía de financiamento: a artesanía. As Chus, Rosa e Vanessa xa levan arredor dunha década apostando pola diversificación da profesión, como unha alternativa económica e vital. “O traballo principal son os aparellos, a artesanía é un plus”, explica Rosa Rodríguez.
Pouco a pouco esta dedicación vai collendo forma, e o que o primeiro ano supuña unhas perdas considerables, o segundo servía para saldar débedas e a partir de aí ano tras ano vai un pouco mellor.
Tiveron fitos importantes, como ser escollidas por Fundación Artesanía de Galicia para viaxar por feiras de todo o estado, mesmo cidades como París , chegando a traballar para marcas como Loewe.
Reciclaxe
Un dos alicerces da exitosa iniciativa que espalla a profesión de redeira polo mundo, é a reciclaxe. Doutro xeito, centos de kilos de rede se tirarían e deste xeito “dámoslle outra vida ás redes que non valen para o mar”. A través de entidades como Chicolino, empresa de Boiro, conseguen kilos e kilos de redes para darlle outra vida en forma de bolsos, bolsas, sandalias, camisas… unha marea de cousas.
Nos últimos tempos tamén colaboran nun proxecto singular, que leva o mar ás canchas de baloncesto. En colaboración co xogador Carlos Martínez, son parte fundamental do proxecto Ecoballution, que aproveita as redes non reutilizables para o mar para crear as redes de canastas como a do pavillón Fonte do Sar, e porterías de canchas deportivas. Pronto comezarán unha nova colaboración coa Fundación Érguete, coa que xa teñen realizado numerosas actividades formativas e de inclusión.
Podedes seguilas e facer pedidos en @redeirasartesas (tamén no
Máis novas