Santi Soneira, entre os 3 mellores arqueiros de España
Volveuna liar Santi Soneira. Tras máis de 2 anos sen conseguir grandes fitos, o arqueiro baiés trasladábase esta fin de semana a Marina D’or para participar nunha doble cita: o Campionato de España de 3D Indoor e o Tradicional e Espido de Sala 2022. Non conseguía pasar as preliminares no 3D Indoor, pero no Tradicional colábase nada menos que nas semifinais, rematando o terceiro mellor arqueiro de España da modalidade.
Chegaba Santi tras máis de 2 anos sen competir, e con moi poucos adestramentos na modalidade 3D Indoor, polo que no campionato de venres non pasou do posto 23, quedando a só de pasar ás roldas eliminatorias.
O domingo xa era outra cousa, co Campionato Tradicional e Espido de Sala 2022. Unha modalidade na que ten sido campión Galego e mesmo prata nos Campionatos estatais.
Arrincaba frío a rolda inicial pero conseguía colarse no posto 19ª, obrigándolle a enfrontar na primeira eliminatoria ao compañeiro galego Manuel Costal en 1/16 de final. 6-2 e a polo seguinte.
En Oitavos, en fronte tiña outro compañeiro de andaina, Santiago Gonzalez Villares, que, en principio, estaba tirando moito mellor que o soneirán (acabara 3º no clasificatorio). Pero Soneira tirou de estratexia, puxo en práctica un dos consellos que lle dera o mestre David Garcia Fernandez nun seminario intensivo que fixemos en Galicia e comezou a cravar noves e deces. 6-0 e a por outro.
Xa en Cuartos tocoulle Alberto Ruíz Infante Idiáquez, vasco ao tamén gañou por 6-2.
Xa estaba en semis o baiés, para enfrontarse ao gran campión César Vera Bringas. Suou tinta o á postre campión, e tivo que facer máis de 28 puntos (en 3 lanzamentos) para superar a Soneira.
Quedaba a última batalla, pola medalla de bronce, ante Rubén García Fuertes. Non houbo cor, e Santi seguía fino, e venceu por 6-0 para quedar no terceiro chanzo do podio e traer a medalla de bronce para o seu club Su A Agra.
”Moralexa hai estar e insistir porque nunca se sabe cando pode ser a túa oportunidade”, reflexiona Santi nas redes sociais.
Novas relacionadas
- Novembro 19: Víctor Santos e José María Lema tiveron unha gran participación na espectacular Ponferrada Lancaster Style.
- Maio 2018: Santi Soneira, primeiro galego en sumar unha prata na División de Arco Desnudo Sénior.
- Abril 18: Santi Soneira volve subir ao podio no Campionato Galego de Tiro con Arco.
- Marzo 2017: Santi Soneira participou no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo.
- Maio 2016: Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego.
- Xaneiro 2015: O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.