Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso

Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Presentación oficial da Agrupación Deportiva Abellariza de Ponteceso Presentación oficial da Agrupación Deportiva Abellariza de Ponteceso

Este sábado presentábase oficialmente a nova Agrupación Deportiva Abellariza. Unha entidade que nace cun claro cabalo de batalla, a construción dunha pista de atletismo en Ponteceso, xa que unha vez que os permisos xa están concedidos, levan tempo esperando á subvención da deputación.

A directiva da entidade, formada por Miguel Cousillas Regueira, Miguel Ángel Amado Suárez, Jose Ramón Bazar Anido, Óscar Moreira García, Juan José García García e Manuel Varela Domínguez, estivo arroupada polo padriño da Agrupación Fran Rodríguez Bugallo, cormelán e campeón galego de atletismo, emais por Quito, deportista da localidade e integrante do equipo Brigantia.

O presidente da agrupación Miguel Cousillas e Manuel Varela fixeron unha exposición aos cerca de 60 asistentes e mostraron este vídeo a vista de dron de como quedaría a pista que proxectan.

Abellariza Ponteceso logo

Ademais, expuxeron as súas ideas e obxectivos, pois a Abellariza pretende tamén a agrupación educar en hábitos saludables e organizar actividades que sexan coherentes cos seus obxectivos, que respeten o ritmo biolóxico dos participantes, e que permitan si pode ser a diversión e o aprendizaxe en grupo: roteiros / andainas, quedadas, entrenamentos libres.

O propio presidente cóntanos como nace a Agrupación: "A fundación da agrupación xurde porque queremos que haxa oferta pos rapaces e sobre todo para as rapazas, xa que chega unha idade determinada que só teñen acceso á práctica do futbol, e o que pretende Abellariza é poder formar e informar a xente de todas as idades. Queremos chegar tamén a xente maior que camiña por prescripción médica, darlle unhas charlas para que sepan que tipo de roupa deben usar para camiñar, explicarlle o tema do quencemento, estiramentos, rutas a seguir, que saian a camiñar xuntos, queremos que saquen o maior aproveitamento das andainas que fan".

De feito, a primeira actividade na que colaboran e a organización xunto o Concello da Carreira Popular Pedestre que se celebrará o Domingo 12 de xuño, para elo traballaron codo con codo con Remedios Varela, técnico de Deportes de Concello, e con Marco Varela, concelleiro de Deportes do Concello.

Xa podedes falar coa organización para facervos socios, haberá dúas modalidades, socios numerarios, e socios fundadores, éstes últimos poden facer unha aportación de 5€ para colaborar cos gastos de constitución da Agrupación, pero a todolos efectos todos os socios serán iguais.

Fonte

  • Abellariza.

Comentarios