Unha expedición de gaitas vasca amenizaron a feira Ecoponte
Durante a pasada Semana Santa, 10 gaiteiros e pandereteiras da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, achegáronse a amenizar a Semana Santa a Ponteceso con motivo da "II Feira Ecoponte", celebrada na localidade de Pondal.
Unha visia gracias á invitación da Asociación de Empresarios de Ponteceso, pois unha das súas integrantes, Pilar Rivera, é natural de Ponteceso. Os membros da expedición vasca, que acolleron a invitación con gran ilusión, estiveron moi entusiasmados dende o primeiro momento. O Coro de San Martiño de Cores, que estivera en Sestao actuando, convidounos a comer o sábado nun xantar sorpresa que lles organizaron.
E o resto da fin de semana pasearon a música das gaitas vascas por Ponteceso o seu cargo correron os pasarrúas as alboradas e tamén poñerlle son o I Concurso de Pinchos celebrado na localidade.
Aínda así quedáronlles folgos para facer unhas horiñas extras pola noite e ir tocar polos bares e pubs!
Concurso de Pinchos
Este venres día 13 de abril as 21 h na Cervecería Faldra de Ponteceso entrega do Trofeo o/a Gañador do I Concurso de Pinchos de Ponteceso, celebrado o pasado sábado durante a semana Santa e que tivo grande afluencia de público e moito éxito entre os/as participantes.
Novas relacionadas
- A nova directiva dos empresarios de Ponteceso xa pensan na nova Aula de Formación.
- 20 anos de valores e integridade dende Cabana de Bergantiños.
- A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte.
Fonte
- Empresarios de Ponteceso.