xoves. 08.05.2025
El tiempo

Unha homenaxe ás cociñeiras da escola

Unha homenaxe ás cociñeiras da escola
Homenaxe as cocineiras do CEIP Eduardo Pondal

Fermosa a homenaxe que o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso está armando para este sábado 9 de maio. Unha homenaxe ás cociñeiras da escola que levan 44 anos facendo a comida a ducia de xeracións de rapaces e ás que lle chegou o turno de xubilarse.

Unha homenaxe que pode facerse extensiva a todas as cociñeiras dos centros de ensino de toda a bisbarra, pois son elas as que sempre están aí, detrás da barra, cun sorriso e unha boa palabra para educarnos na mesa.

En Ponteceso, son moitos os que lembran ás Josefa Amado, Mª Carmen Figueiras e Mª Jesús Varela, as que levaron os mandos desa cociña dende o ano 1971 ata agora. Por iso “se eres un dos que se lembran deses macarróns con tomate, desa tortilla ou de tantos outros pratos que moitos seguimos a recordar, este próximo día 9 de Maio, no restaurante Canta La Rana en Buño, ás 13:30hs, celebrarase a Homenaxe a estas tres grandes cociñeiras”.

Unha homenaxe artellada pola dirección do centro coa axuda da Anpa. Ademais do xantar, ao remate haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.

Inscrición

Se queres asistir, só tes que facer a reserva do teu prato, ou dos que vaiades ir no número de conta ES55 0049 6641 7321 9003 9676. O prezo son 30€ adultos, e 10€ nenos.
Os Ingresos físicos é conveniente facelos en Gespyme – Axencia do Banco Santander sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.Para os ingresos por transferencia deben enviar o xustificante a info@anpapondal.com.

Tedes información en anpapondal.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios