Dúas Medallas ao Mérito Penitenciario con acento de Bergantiños
16:32 20/09/24
O Centro de Inserción Social da Coruña acollía esta mañá a celebración polo Día da Mercé. Un día para celebrar a patroa das Insitucións Penitenciarias, que a Secretaría Xeral e o Ministerio aproveita para premiar a funcionarios, e nalgún caso, ás entidades sociais que traballan arredor do CIS.
É o caso das técnicas da Fundación Érguete, que traballan en prisión dende hai moitos anos sendo un fundamental eslabón no proceso de reinserción das persoas internas en réxime de semiliberdade. Ambas, unha con familia na Mata (Cabana) e outra natural de Ponteceso-Tella, recibiron a Medalla de Bronce a título individual polo súa implicación en programas pioneiros como o ÉPICO ou o EVA.