Valarés volve ser con B
Finais de maio e nada sabiamos aínda do cartel da XII edición do Festival V de Valarés. E non sabemos porque non se vai realizar. Desaparece un dos festivais máis potentes da comarca, que puña a Costa da Morte no panorama indie de toda a península. Unha aposta pola fusión entre música e natureza, que paga os pratos rotos dunha comarca dividida.
Asegura Xosé María Varela dende a Fundación Eduardo Pondal que a presión de colectivos medioambientais foi clave para botar o peche e deixa de convertir o areal pontecesán nun lugar de culto do verán galego. Colectivos como o Petón do Lobo ou Salvemos Cabana focalizaron os seus esforzos en botar abaixo este evento, que cada ano xuntaba 3.000 persoas no peirao e no piñeiral da praia.
Críticas relacionadas coa afección á avifauna, nunha zona que é Rede Natura, e mesmo unhas incomprensibles acusacións de sexismo nun dos carteis das pasadas edicións, foron minando a ilusión dun colectivo, Con V de Valarés, que nacía ao amparo dos movementos culturais da aldea do Couto. Os herdeiros musicais da Asociación Monte Branco e da Fundación Eduardo Pondal foron construíndo un festival pioneiro no pais, dende abaixo, dende que un grupo de rapaces da zona facíano absolutamente todo, ata profesionalizar o evento contratando a produtoras que levasen o peso da contratación e da organización.
Todo eso pasará a mellor vida, deixando esmorecer unha marca xa coñecía en toda España,
Varela explicou tamén que o apoio de entidades como o Concello, a Deputación ou a Xunta non foi tan importante como esperaban ao longo destes anos.
Crú final para un festival que precisamente loubábase na súa política Eco como base da súa promoción. Semella que a partir de agora teremos que volver a usar o B para referirnos a Balarés (o colectivo usou o V como reivindicación de que o topónimo realmente ven de “val de area” e o B é pola castelanización), aínda que esperamos que poidamos volver ter que usalo V se é que o colectiv rectiva nos vindeiros anos esta cita singular.