sábado. 06.12.2025
El tiempo

O Goberno Municipal de Muxía critica a visita, "sen avisar", do presidente da Deputación

Julia Abalde Valentin Gonzale Formoso e Julio Castro no Parador de Muxia
Valentín González Formoso rodeado por Julio Abalde e Julio Castro
O Goberno Municipal de Muxía critica a visita, "sen avisar", do presidente da Deputación

Visitaba este xoves o presidente da Deputación o Parador de Muxía, para acompañar ao subdelegado do goberno Julio Abalde na posta en valor da ampliación da apertura do establecimento.Unha visita que recibe as críticas do Partido Popular de Muxía, que manifesta o seu profundo malestar por non comunicar nin avisar ao goberno municipal. "Unha actuación que vulnera a mínima cortesía institucional e que supón un claro desprezo ao Concello e, por extensión, aos veciños e veciñas de Muxía", denuncia a portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela,

"É un comportamento impropio dunha institución pública, que debería practicar a cooperación e o respecto, non a opacidade e a discriminación política”, sinala. “O presidente da Deputación acode a Muxía e evita informar ao Goberno municipal. Isto non é unha falta de respecto ao PP nin á coalición que goberna: é unha falta de respecto ao pobo de Muxía”, engadiu.

O convenio do polideportivo: o PP preguntará no pleno da Deputación

O PP de Muxía anuncia que formulará no próximo pleno da Deputación unha pregunta sobre o convenio comprometido en 2023 para a reforma do pavillón municipal, cun investimento de 300.000 euros. “Preguntámonos tamén: ¿cambiaron as necesidades dos muxiáns só porque cambiou a cor política do Goberno local? Cando o PSOE gobernaba en Muxía, a Deputación consideraba prioritaria esta obra. Agora, con outro executivo municipal democraticamente constituído, parece desaparecer ese interese.”

Comentarios