Venres. 19.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme berrou por unha regulación xusta dos prezos da luz e do combustible

Concentracion en Corme contra a subida da gasolina e a luz
A veciñanza de Corme berrou por unha regulación xusta dos prezos da luz e do combustible

Con pancartas de “A subida da gasolina, outra pedra no camiño” ou “Os vosos beneficios, a nosa escuridade”, saíron a rúa este luns 14 de marzo medio centenar de veciñ@s de Corme. A praza de Pan, histórico centro neurálxico da reivindicación de dereitos, encheuse de familias indignadas ante este histórico encarecimento de servizos tan básicos como a luz ou a gasolina.

Concentracion en Corme contra a subida da gasolina e a luz 2

A pasividade dos gobernos ante o aproveitamento dos lobbys enerxéticos deixa ás familias como os eslábóns máis vulnerables da sociedade, como sinalaron dende a convocante Asociación de Veciños Eduardo Pondal dende o manifesto lido.

”Os que vivimos dunha nómina ou de pequenos negocios que temos que resistir a prezos do combustible desnortados, enerxía eléctrica e do gas polas nubes ou os prezos da cesta da compra diaria que se están convertendo en inalcanzables” para as familias medias.

”Preguntámonos se as grandes multinacionais proveedoras destes servizos ven reducidas as súas marxes de beneficio, ou se as grandes eléctricas reducen as súas ganancias neste contexto de crise. Pero sabemos que non, que os únicos que nos temos que atar os cintos, somos os de sempre”, denuncian.

Por iso, a veciñanza cormelá, como tamén fixo o sector do da combativa vila ou os comercios da comarca, fan “un chamamento aos gobernos (dende o Concello e Xunta ata o central) para que apliquen leis que nos protexan aos máis vulnerables, ampliando o abano do estado de benestar para que acolla aos máis necesitados”.

Pediron concretamente unha “regulación xusta dos prezos da luz e do combustible que permitan unha vida digna nas nosas vilas”. E fixeron referencia á eterna ilóxica do noso país: “Non deixa de ser paradóxico que un país como o galego, produtor de enerxía eléctrica, sexa dos que máis paga pola luz”.

Concentracion en Corme contra a subida da gasolina e a luz

O manifesto liu varias peticións concretas:

  • ”Que o transporte non se convirta nun luxo para ir aos nosos postos de traballo e que non estrangule aos nosos mariñeiros e transportistas”.
  • ”Que ir ao super non se convirta nun luxo”.
  • ”Que non se pechen pequenas e medianas empresas por non poder aguantar os custos da produción ou os servizos que ofrecen”.

Comentarios