sábado. 09.11.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: "Boto de menos as tardes de choiva, sofá e manta"

Veciñ@s polo mundo: "Boto de menos as tardes de choiva, sofá e manta"
Ana Martinez, de Ponteceso, leva seis anos vivindo en Medano Ana Martínez, de Ponteceso, leva seis anos vivindo en Medano (Tenerife) Ana Martínez - unha boa coñecedora dos valores paisaxísticos e gastronómicos da Costa da Morte - mudou a súa residencia a Tenerife por amor. E diso van case seis anos aínda que recoñece que "mañá mesmo" volvería para Ponteceso; o lugar onde naceu.
  • QPC: Como te chamas?
Chámome Ana.
  • QPC: De onde eres?
Son de Ponteceso.
  • QPC: Onde vives agora?
Levo case seis anos vivindo no Medano, en Tenerife.
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?
Trasladeime aquí polo traballo da miña parella.
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?
Hai case seis anos.
  • QPC: En que traballas?
Dende o primeiro momento que me trasladei comecei a traballar en hoteis e agora en recepción e reservas.
  • QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?
Bótase de menos sobretodo á familia e aos amigos, pero tamén as tardes de choiva, sofá e manta. E, como non, os suculentos manxares da terra.
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?
Sempre intento estar ao día do que pasa lendo os diarios dixitais.
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?
Imos unhas tres ou catro veces ao ano; tantas como nos permiten as vacacións do traballo.
  • QPC: Que tal embaixadora eres da túa terra? Canta xente trouxeche de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?
Varios compañeiros de traballo foron descubrir a fermosura da nosa costa. Sempre presumo das riquezas paisaxísticas e gastronómicas da nosa zona.
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?
As principais diferenzas, sen dúbida, son o clima - tan bondadoso nestas illas e tan chuvioso pola costa - e a xente.
  • QPC: Que cousas importarías para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?
Aquí coñeces xente de todas as partes do mundo gracias ao turismo; moitos acábanse instalando polo que aprende moito sobre outras culturas, ¡algo que me encanta!. Polo que o clima e a xente son os dous puntos fortes que importaría para a Costa da Morte.
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?
Fai poucas semanas atopeimeno centro de saúde cunha antiga compañeira do colexio que leva vivindo aquí fai máis de dez anos. Non sabíamos nada unha da outra dende que rematamos EXB.
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?
Tiven de compañeira de traballo a unha rapaza de Cee. A verdade é que é doado atoparse con xente da Costa da Morte residindo aquí. Nós temos varios amigos galegos que coñecemos aquí e cos que quedamos moi a miúdo.
  • QPC: Volverás á túa terra? Cando?
Encantaríame volver mañá mesmo, pero por circunstancias laborais quédannos aquí polo menos un par de anos máis.   

Veciñ@s polo mundo

Fonte

Comentarios