venres. 15.11.2024
El tiempo

O VI Certame Internacional de pintura ao aire de Ponteceso chegará a todas as parroquias

certame de pintura Sotomayor Ponteceso 2022
O VI Certame Internacional de pintura ao aire de Ponteceso chegará a todas as parroquias

O sábado 23 de xullo as parroquias de Ponteceso encheranse de cultura gracias á volta do VI Certame Internacional de pintura ao aire libre “Fernando Álvarez de Sotomayor”. A Casa de Maya de Sotomayor acollía a presentación esta fin de semana, deixando as novidades máis salientables deste singular concurso convertido en foco de atracción de artistas.

Así, o certame volve implicando aos grupos musicais locais e a tódalas asociacións de cada parroquia. Deste xeito, as entidades locais terán o poder de decisión sobre onde se colocarán os participantes, ben sexa para pintar unha paisaxe, un monumento ou elemento etnográfico.

Un dos cadros que se pinte en cada parroquia quedará como obsequio para a propia asociación veciñal – cultural.

Durante a presentación Maya Álvarez Soutomaior, neta do creador homenaxeado, declarou: “Fernando Álvarez de Soutomaior, que tanto amó a esta tierra, la plasmó en sus cuadros pintando a toda la gente del lugar”; Maya tamén explicou que estaría ben facer unha exposición coas imaxes que captaba o seu avó que as usaba para, con posterioridade, facer retratos dos personaxes da localidade. «Mi abuelo iba por las aldeas siempre y hacía fotos de personajes que a él le interesaban para pintarlos, segadores segando, los oleiros trabajando el barro o el lino».

Outro neto do pintor, Fernando, cunha casa histórica en Xornes, tamén apoiou o acto.

Inscrición

Os e as artistas interesados/ as deben realizar a inscrición enviando un correo electrónico a [email protected]. O número de participantes mantense coma en anteriores edicións, serán dun máximo de 100.
Haberá un total 20 premios un primeiro premio de 3.000€, un segundo premio de 1.500€, un terceiro premio de 1.000€, un cuarto premio de 600€ e un quito premio de 500€. Ademais repartiranse 15 premios con un importe total de cada un de 400€.

Novas relacionadas

Comentarios