Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Unha visita moi especial no MACCMO

Familia Pujales no MACCMo
Unha visita moi especial no MACCMO

Esta Semana Sanrta, o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO), sito en Corme, recibiu unha cantidade interesante de visitas, tendo en conta acababa de reabrir despois de estar varios meses pechado debido ás restricións provocadas pola pandemia do COVID-19.

Coruñeses e lucenses encheron de vida este singular espazo cultural, un dos nosos tesouros.

De entre estas visitas, destaca unha moi espcial, a de Blanca Pujales e o seu marido Juan, que estiveron pasando uns días en Corme. Blanca é a única irmá de Julio Pujales que continúa viva. Julio Pujales (A Coruña, 1939-Madrid, 1998) é o pintor que constitúe o xerme que dá orixe ao MACCMO.

Novas relacionadas

Comentarios