Xoves. 18.04.2024
El tiempo

X. Antonio Andrade presenta “Querida Paula” tamén en Corme

Libro andrade en Corme
X. Antonio Andrade presenta “Querida Paula” tamén en Corme

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO), sito en Corme, acolle, da man da Asociación Cultural Insua de Viastela, este sábado 4 de marzo ás 18:30h, unha nova presentación literaria. Trátase do libro “Querida paula”, co autor coristanqués Xose Antonio Andrade.
Estará acompañado do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, coidador do Espiral Maior Foro carballés, e por María Suárez, a dinamizadora do proxecto Mar de Relatos.

A obra “Querida Paula” de Antonio Andrade (Seavia, Coristanco, 1957), publicada en 2012, ve novamente a luz, en edición actualizada, na Colección Narrativa de Edicións Espiral Maior.

Antonio Andrade, colaborador de prensa e radio, ten obtido como narrador un amplo recoñecemento do mundo lector e tense convertido nunha referencia literaria e cultural de primeira orde na Coruña, en Bergantiños e en toda a Costa da Morte.

O acto está aberto a todo o público e o autor asinará exemplares da súa obra a todas as persoas interesadas.

Novas relacionadas

Comentarios