A creatividade costeira… florece na primavera
E anuncian xa os nosos trasnos e trasnas que a primaveira xa chegou: coas súas mochilas, biseras e bastóns, coma pelegríns apaixoados, percorrendo esta terra meiga onde o mar conéctanos, de faro en faro, e a nosa terra verdescente estoupa en múltiples cores que as flores dos prados mollados, por estes orballos de abril, xa van prometendo un maio de música, festas e letras, poesías e novas aventuras.
Xa no mes de maio o Festiletras de O Couto (Ponteceso) vai vir preñado de grandes nomes, Uxía Senlle, Sés, Mini e Mero, Davide Salvado, Guadi Galego, Isabel Blanco, Carlos Nuñez, Fina Casalderrey, Xosé Luis Rabuñal, entre outros artistas e persoeiros, que fusionarán música, festa, poesía e cultura nunha semana de letras galegas que será dificil de esquencer, abofé.
Parece ser que esta medra dos días e da luz vai revolucionar a sociedade e a cultura desta nosa costa dos solpores, cada vez máis emerxente, colectiva, e viva… viva grazas a todos estes loitadores incansables, anónimos en moitos casos, que ante as tempestades de sal destes tempos tan grises apostan fortemente pola cultura e a dinamización pisando toxos e silvas para re-facer novos camiños que camiñar para re-conducir os acontecementos con esas pequenas batallas illadas que moven o noso mundo como unha soa re-evolución.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).