venres. 07.11.2025
El tiempo

Convocada folga na limpeza no Hospital Virxe da Xunqueira

O Hospital de Cee trala limpeza-Foto-Jose Rod Calvo
O Hospital de Cee trala limpeza-Foto-Jose Rod Calvo
Convocada folga na limpeza no Hospital Virxe da Xunqueira

Ademais da folga dos técnicos sanitarios da que falabamos esta semana, a actividade Hospital Virxe da Xunqueira tamén se verá afectado pola lexítima convocada folga no servizo de limpeza, aoo igual que os dos hospitais do Barbanza e O Salnés.

A CIG ten convocada unha folgaa xornada completa no Hospital ceense para os días 19, 20 e 21 de novembro. Ademais haberá concentracións os días 12 e 26 de novembro, ás 10 horas, diante do hospital Virxe da Xunqueira.

O sindicato denuncia "a falta de actuacións da Consellaría de Sanidade para rematar coa discriminación laboral e salarial que sofre este persoal e avanzar na equiparación coas condicións que xa teñen recoñecidas as compañeiras e compañeiros dos hospitais de referencia".

O pasado 19 de maio, a CIG presentou na dirección do SERGAS as sinaturas recollidas entre as traballadoras e os traballadores do servizo de limpeza destes tres hospitais reivindicando que se cumpra o principio de “a igual traballo igual salario”, solicitou unha reunión con Sanidade e no mes de xuño promoveu mobilizacións diante destes centros hospitalarios.

Porén, transcorrido o tempo, o SERGAS segue sen atender as demandas do persoal.

Comentarios