Mar de Fóra convertiuse nun cemiterio de Veleiriños
08:00 07/11/25
Non é nada anormal. De feito o pasado mes de setembro coas primeiras mareas, xa houbo arribadas masivas de veleiriños. Pero onte o areal de Mar de Fóra era un auténtico cemiterio desta augamar, Velella velella.
"Ao igual que as carabelas portuguesas non son medusas en sentido extricto. Teñen tentáculos debaixo da vela, pero neste caso non son perigosos para os humanos, pero mellor que non se toquen os tentáculos azuis, por se acaso”, explican dende o CEMMA, que piden coidado para os cans.
Augamares polo peirao
Esta mesma semana as augamares máis habituais tamén chegaron ao litoral. Así estaba o porto de Malpica: