A morte da Costa da Morte
20:52 17/02/16
As casualidades non existen, como ben nos dicía "Jeanne Picard", xa que nas nosas estradas os accidentes mortais sempre coinciden nos mesmos puntos negros de toda a vida. Esta longa letanía de esquelas nas mesmas cunetas de sempre. Porque o 90% destas mortes son evitables, claro que si, pero o alto mando xa o sabe, xa fai 20 anos que o sabe.
Un dos grandes problemas que existe e persiste na nosa Costa da Morte e a falta incomprensible de medios básicos para o rescate dun ferido grave, posto que nunha zona moi extensa como son as nosas comarcas, Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra, non temos aínda (nin sequera) unha ambulancia medicalizada, instrumento imprescindible para o rescate digno dun infartado ou dun destes frecuentes feridos en accidentes de tráfico, constante cotiá nas nosas sinuosas e maltreitas estradas. Son máis de 115.000 habitantes sen unha ambulancia medicalizada. Unha convinación perfecta para que alguén faleza no traslado dende Baio (por exemplo) ata o enlace máis próximo a autopista, e de ali ata A Coruña (sen pagar peaxe), porque se o ferido vai moi grave… xa non fai falta pagalo… nin tampouco ir axiña, por desgraza.
Imaxe do accidente entre Carballo e Malpica-Foto-Oscar de Souto
O deseñador de vias rápidas, con carril adicional e ceda el paso perante un cambio de rasante incuido, nunha estrada esbaradiza e mollada, coma a que aparece na imaxen, a ese deseñador ou deseñadores de puntos negros predeseñados, deberiamos aplicarlles a pena de morte por xenocidio e ademáis por burros. Porque xa hai que ser zascandíl e tordo, entre outros adxetivos descalificativos, construir esta xigante trampa para ratos nunha das estradas onde (dende a súa inauguración) faleceron xa tantos veciños e veciñas, algúns coñecidos meus, que ademáis do sinistro tamén tiveron que soportar o traslado ó Hospital de A Coruña sen que os ocupantes da ambulancia (non medicalizada) poidan asistir dignamente o ferido, sen palas para reanimalo, ou transfusión, ou un médico, sen esperanza posible, mortos vivos de camiño a morgue da planta baixa, destiño tradicional nestes casos. Esta inmensa traxedia con puntos negros marcados na nosa memoria colectiva dun Pobo que morre en silencio, sen facer moito ruido.

Accidentes 2016-2015
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16:Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16:6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
- Outubro 2015:Fin de semana de accidentes nas estradas costeiras, mesmo cun falecido.
- Setembro 2015:Un falecido en Coristanco tras colidir cun camión.
- Xuño 2015:Falece unha veciña de Lires nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Maio 2015:Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco.
- Abril 215:Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo
Perda poboacional
Nesta última década fomos testemuños do desmantelamento premeditado da nosa flota pesqueira, principal motor da economía das nosas vilas mariñeiras, mentres esganan a gandeiría que hoxe vende a trinta céntimos o litro de leite por non pechar as derradeiras granxas da nosa costa verdescente, antigamente gandeira e campesiña. Coa nosa mocidade nas cidades e en paises estranxeiros convertéronnos na meirande Palestina do planeta e, hoxe, Galiza enteira esta xa espallada por todo o globo terráqueo, sen intención de voltar, de momento, a este xeriatrico xigante, eso si, sen ambulancia medicalizada.- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).