xoves. 02.10.2025
El tiempo

Achegando a administración dixital ao rural xalleiro

Fademur en Santa Comba.Foto de Maria Ares
Achegando a administración dixital ao rural xalleiro

Acolleu Santa Comba unha xornada sobre "A administración cerca de ti" organizada coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais. Un programa que trata de achegar ás familias de concellos de menos de 8.000 habitantes a facilitar o acceso á administración dixital, a través, por exemplo, da expedición do certificado dixital. Un xeito de reducir a fenda dixital que sofren as comunidades rurais, e nomeadamente, as súas mulleres.

Á presentación achegouse o novo subdelegado do goberno Julio Abalde, que estivo acompañado polas concelleiras Estefanía Calvelo e Noelia 
Baleato, e a secretaria xeral da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, FADEMUR, Rosa Arcos.

O subdelegado informou de que a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de facer de forma dixital máis do 90% das xestións e comunicacións,  desde trámites básicos como as prestacións, o pagamento  de impostos, permisos de condución, aboamento de taxas públicas, 
solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a  solicitude de subvencións, que en moitos dos casos só se pode  xestionar de xeito telemático.

O taller estivo impartido Persoal da Subdelegación do Goberno, previamente formado.

Nesta segunda fase, o programa xa chegou a localidades como Miño, Vilarmaior, Carnota, Vimianzo ou Muros.

Comentarios