Venres. 29.03.2024
El tiempo

Álex Lombardero: "No fútbol profesional non se pode ser feliz"

Alex Lombardero en Santa Comba
Alex Lombardero en Santa Comba
Álex Lombardero: "No fútbol profesional non se pode ser feliz"

Fútbol real, de verdade. Esa foi a lección de vida que deu este sábado Álex Lombardero en Santa Comba. O que fora campión do mundo coa Selección Española Sub20 de Íker e Xavi, unha das xoias máis prometedoras da canteira galega dos anos 90, repaso a súa historia de superación, de loita continua.

Un excelente entrevistador como José Manuel Vázquez, Huelvis, sacoulle todo o xugo á vida do futbolista de Arteixo, nun evento organizado polo diario Quepasanacosta, coa colaboración do Concello de Santa Comba e a marca Saunir Duval, que pretende ensinar a cara B do Fútbol profesional.

Silvia Cancela presentando o acto
Silvia Cancela dando a benvida a Santa Comba

A alcaldesa, María Pose, e a concelleira de Deportes xalleira, Silvia Cancela, a concelleira de Deportes de Arteixo, Purificación Paz, o vicepresidente da RFGF Juan Villamisar, e o subdelegado da RFGF na Costa Manuel Corredoira non quixeron faltar á charla, que levou por título "Fútbol Profesional: Non é ouro todo o que reloce.

Representantes dos Concellos de Arteixo e Santa Comba eda RFGF con Lombardero
Representantes dos Concellos de Arteixo e Santa Comba e da RFGF con Lombardero

”Es muy bajito”

Tras repasar os seus inicios co balón en Oseiro e no Imperátor, rapidamente comezou a súa andaina no fútbol de elite. Sabía que no Dépor non ía ter oportunidades e por iso decidiu marchar a Mareo, a mítica canteira do Sporting de Gijón. "Antes de marchar ya había tenido que escuchar eso de 'este es muy bajito’ y creo que justo eso hizo que me forjara la vida a base de luchar, lo que me permitió afrontar los malos tiempos tirando hacia delante y sacando las cosas positivas de todo”.

Unha situación curiosa sucedía cando tiña 16 anos, sendo un dos únicos galegos que vestía naquel entón a camisola vermella. O adestrador da sub16 non o levaba "por bajito" pero o da sub18 decidiu levalo porque apostaba moito máis polo fútbol.

Alex Lombardero con Huelvis en Santa Comba

Nixeria, toda unha experiencia máis alá do futbolístico

”Fue una impresión tremenda. Te das cuenta de que allí no tienen nada y que nosotros muchas veces nos quejamos sin necesidad. Aprendes que hay que ser generoso, que hay que buscar el lado positivo de las cosas y que hay dos maneras de reaccionar ante las adversidades: rendirse o luchar, y yo soy de los de seguir luchando siempre”. Así explicaba a súa experiencia en Nixeria, máis alá de terse proclamado campión do mundo con estrelas do fútbol español.

A partir de aí houbo un periplo de equipos, Mérida, Ceuta, Gramanet… coas lesións como compañeiras de viaxe.

A caída

Unha das partes máis interesantes da charla chegou cando conta que con 28 anos lle din que nunca máis vai poder volver xogar ao fútbol. "Fue durísisimo, porque para mí no sólo era lo que más me gustaba, si no que era el único que sabía hacer, yo había cometido el gran error de dejar los estudios, y además ese era el sustento de mi familia. Ahí, y gracias la todo lo que tuve que luchar en mi vida, tiré para adelante y no me cayeron los anillos en aceptar trabajos como los de limpiar garaxes". Tras dous anos de xulgados esperando a declaración dunha invalidez conseguiu traballar na ONCE vendendo cupóns, medio que lle permite compaxinar a súa vida co deporte.

Coordinador en Calamonte

A día de hoxe, en Extrenadura, Álex é o Coordinador futbolístico do ED Calamonte, nun pequeno concello de 5.000 habitantes. “Cando me poño co título de adestrador de dou conta de que non teño nin idea de fútbol, a pesar de ser futbolista, e con nenos, menos aínda”.

Alí desenvolve coa maior das paixóns (outra das palabras máis importantes da charla) unha marea de iniciativas, como a Escola de Pais, na que lles explica ás familias como deben tratar os éxitos, os fracasos e o día a día dos seus pequenos deportistas, tanto dentro como fóra do campo. “Los padres somos forofos. ‘Mis niños tienen que jugar al fútbol’, me dicen. Pero por que? Igual tu niño tiene más talento para el balonmano, o para la música y los vas a haver más feliz así”.

Unha das accións consistía en regalar tarxetas vermellas aos rapaces para que lla sacaran a aqueles protagonistas de calquera saída de ton nas bancadas.

Unha reflexión de fútbol de verdade, sen vender fume, que demostra a calidade humana e profesional deste arteixán.

Ramos de flores para a nai
O acto rematou cunha fermosa entrega de un ramo de flores á nai de Alex Lombardero 

Comentarios