martes. 04.11.2025
El tiempo

Esther Carrodeguas quere "ser delgada" en Muxía

Ester Carrodeaguas
Ester Carrodeaguas
Esther Carrodeguas quere "ser delgada" en Muxía

O ciclo “Outono en Escena”, organizado polo Concello de Muxía coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, continúa esta fin de semana cunha das voces máis recoñecidas e persoais do teatro galego contemporáneo: María Esther Fernández Carrodeguas.

O sábado 8 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón do Voluntariado, Carrodeguas presentará a súa obra O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, unha peza de auto[non]ficción na que aborda, cunha sinceridade crúa e o seu característico humor irónico, a relación co corpo e a presión social arredor da imaxe e da beleza.

A autora explora con lucidez e valentía o impacto da gordofobia, un prexuízo profundamente arraigado na sociedade actual: “Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti”.

Con esta obra, o ciclo Outono en Escena continúa ofrecendo unha programación diversa, con propostas que van da comedia ao teatro familiar e á creación contemporánea máis arriscada.

A entrada terá un prezo simbólico de 1 €, e a taquilla abrirá ás 19:00 h.

Ester Carrodeaguas quere ser delgada en Muxia

Comentarios