Aloumiños imparte unha charla sobre trastornos da aprendizaxe na etapa escolar en Santa Comba

09:24 11/04/19
Aloumiños imparte unha charla sobre trastornos da aprendizaxe na etapa escolar en Santa Comba
Este venres 12 de abril dá comezo o novo IV Programa de Educaciñon Familiar e Socialización para a Diversidade da Asociación Aloumiños. A inauguración será ás 20hs no Multiusos do Concello de Santa Comba coa conferencia "Trastornos da aprendizaxe na etapa escolar. Definición e implicacións educativas" impartida pola psicóloga especialista en trastornos da aprendizaxe Cristina Pereira Romero.
Está dirixido a todo o público en xeral, tanto familiares, como profesionais do ámbito educativo e socio-sanitario. A entrada é libre ata completar aforamento. Haberá servizo de canguraxe gratuito durante a conferencia.