Venres. 03.05.2024
El tiempo

Ana Miranda arroupou a Juan Sixto como candidato do BNG en Santa Comba

BNG Santa Comba Feira
Ana Miranda arroupou a Juan Sixto como candidato do BNG en Santa Comba

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, xunto coa deputada do Parlamento Galego, Iria Carreira, visitaron Santa Comba para reunirse co candidato á alcaldía, Juan David Sixto, e poñer en común distintas accións para a defensa do futuro do rural e os sectores vinculados, de tanta relevancia no concello. Juan Sixto, destacou que "fronte a quen ameaza o seu futuro, o BNG suma forzas na defensa das posibilidades de vivir dignamente no rural". Na visita aprobaron propostas para defender os servizos públicos como a sanidade e atención ás persoas maiores en Santa Comba.

Sixto aproveitou para trasladar inquedanzas que ten a veciñanza do concello, como a “ameaza eólica tanto na produción agropecuaria como no propio monte, o dereito a producir no sector agrario e tamén a situación do centro de saúde, en mínimos por falta de persoal”. "Santa Comba merece máis, merece, por exemplo un servizo público de calidade xa que temos un centro de saúde deficiente, no que entra auga cando chove e con falta de persoal que compre solucionar de inmediato", sinala o candidato á alcaldía de Santa Comba para quen "fronte ao abandono por parte doutras forzas políticas, o BNG busca mecanismos e fai propostas para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños e por iso contamos coa presenza das deputadas no Parlamento Galego e Europeo que se fan eco das nosas urxencias para buscar solucións”.

Fondos europeos para achegar recursos ao rural

A eurodeputada referiuse á PAC e o FEADER como fondos europeos que teñen que servir "de verdade para asentar a poboación nas nosas comarcas, para que un sector produtivo tan importante en Santa Comba teña futuro, para que a nosa mocidade non se vexa obrigada a emigrar". Apuntou, polo tanto, que compre dar a volta á situación actual para que non se vexan na urxencia de marchar "como consecuencia da expansión dun modelo depredador como o eólico, coa instalación de grandes parques que son un auténtico espolio para nosa terra”.

Máis novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios