venres. 06.03.2026
El tiempo

O eclipse de agosto poderá gozarse dende o miradoiro de San Bartomolomeu cunha xornada divulgativa

Huelvis astronomia santa comba
O técnico municipal José Manuel Vázquez e a concelleira de Turismo, Noelia Baleato Toja, mantiveron unha reunión de coordinación co profesor José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Alle
O eclipse de agosto poderá gozarse dende o miradoiro de San Bartomolomeu cunha xornada divulgativa

Santa Comba será tamén un dos puntos dende onde se verá moi ben o eclipse total do vindeiro 12 de agosto. E para completalo, o Concello artella unha xornada astronómica no Monte de San Bartolomeu, coincidindo nunha mesma data cun eclipse solar e coa chuvia de estrelas das Perseidas (Bágoas de San Lourenzo).

A implicación directa do Observatorio Astronómico Ramón María Aller e da Universidade de Santiago de Compostela supón un respaldo científico de primeiro nivel. Trátase dunha colaboración puntual e altamente cualificada, que non se estende de maneira habitual a numerosos municipios, polo que o Concello valora de maneira especial que Santa Comba dispoña da data reservada na axenda do equipo investigador para a celebración deste evento.

O Monte de San Bartolomeu presenta características idóneas para a observación: orientación panorámica de 360 graos e baixos niveis de contaminación lumínica. Estas condicións permitirán seguir o eclipse solar coas debidas medidas de protección e, posteriormente, a observación das

Perseidas e das principais constelacións de verán.

A xornada terá carácter divulgativo e familiar, combinando explicacións científicas, observación guiada e actividades complementarias. O Concello dará a coñecer nas próximas semanas o programa detallado e as recomendacións técnicas para garantir unha asistencia segura.

Comentarios