Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Analizan a creación dunha Unidade de Documentación en Santa Comba

Reunión Santa Comba SUP Policia
Analizan a creación dunha Unidade de Documentación en Santa Comba

O Sindicato Unificado de Policía mantivo hoxe unha reunión con o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar e coa tenente de alcalde, Noelia Baleato. Os representantes da SUP, Roberto González, secretario xeral de Galicia, Abel Lobato, secretario provincial da Coruña e Jesús Vasconcellos, Secretario de relacións institucionais da Unión en Galicia. O obxectivo de reunión foi estudar e promover medidas conxuntas para garantir que Santa Comba dispoña, nun futuro próximo, unha Comisaría propia da Policía Nacional.

Tanto os responsables municipais como os representantes sindicais coincidiron na necesidade de crear esta oficina porque os veciñ@s deben desplazarse a outras Comisarías que contan con Unidades de Documentación, evitando a sobrecarga e o retraso nas citas previas en algunhas desas dependencias que chegan a 5 semanas.

Concello e SUP impulsarán pois a creación dunha Unidade Documentación que inclúa un catálogo de postos de traballo de polo menos membros da Policía Nacional, que facilitaría os medios necesarios para o expedición de DNIe, pasaporte e tarxeta de identificación de estranxeiro. Por parte do Alcalde de Santa Comba mostrouse aberta a achegar os medios necesario á Dirección Xeral da Policía para a súa execución da Unidade, e comezará a negociar co Ministerio do Interior.

No caso de Santa Comba, esta Unidade daría servizo a unha poboación de 60.000 habitantes, abranguendo concellos limítrofes con Santa Comba e Costa da Morte, beneficiarios de Val de Dubra, Negreira, Mazaricos, Tordoia, Zas, Vimianzo, Camariñas, Laxe, Muxía, Fisterra, Cee, Muros ou Cocubión e un longo etcétera.
Ademais, aliviaría a carga de Unidades de Documentación de Carballo e Santiago, facilitando a expedición de documentos a persoas con mobilidade reducida ou dependentes, evitando problemas de estacionamento existentes ou escaseza de liñas transporte público. Esta Unidade aumentaría a seguridade obxectiva e subxectiva na cidade.

Comentarios