Mércores. 16.10.2024
El tiempo

“Auga, terra e vida”, a nova imaxe corporativa do Concello de Santa Comba

Presentacion imaxe corporativa Concello Santa Comba
Presentacion imaxe corporativa Concello Santa Comba
“Auga, terra e vida”, a nova imaxe corporativa do Concello de Santa Comba

Presentaba onte, en presenza de numerosos colectivos sociais, o Concello de Santa Comba a súa nova imaxe corporativa. Unha imaxe que “emana da súa propia personalidade e dun feixe de calidades que a identifica: o xeito de ser da súa xente, a súa paisaxe vencellada á riqueza do río Xallas e ás súas fragas, a súa cultura, tradición ou o seu deporte”.

”Santa Comba considérase un dos pulmóns verdes da provincia de A Coruña”, explicaba a alcaldesa María Pose. “É auga, terra e vida. A menos de media hora de Santiago, da Costa da Morte e do Barbanza e a menos dunha hora de A Coruña, é o lugar ideal para gozar da natureza (as fragas e os ríos)”.

A idea é aproveitar o seu gran potencial medioambiental na súa gastronomía e hostalaría, na que abundan os produtos locais e ecolóxicos.

Novo escudo Concello Santa comba Nova imaxe concello santa comba

 

Comentarios