Os Bombeiros conseguen extinguir un incendio en Santa Comba a pesar do forte vento
15:18 31/03/20
Esta noite tivo lugar un incendio forestal de gran virulencia no monte de Barilongo, no lugar de A Carballeira, parroquia de Santa Sabiña, Concello de Santa Comba. A forza do vento provocou que as lapas fosen moi altas en determinados momentos, baixando con rapidez pola ladeira.
A rápida intervención dos efectivos do Distrito V, fixo que se puidera apagar relativamente pronto, pasadas as 2:00h da madrugada. "Foi un gran susto, pola súa virulencia, pero non afectou a moita extensión", explican.
Na extinción actuaron 2 motobombas, 2 brigadas 1 axente, Garda Civil e ademais da colaboración de Protección Civil.