Un coche bate con outro estacionado nun accidente en Fontecada

11:10 24/07/24
Esta pasada tarde de martes, pasadas as 18:00h, rexistrouse un novo accidente no punto quilométrico 12 da estrada AC-546, ao seu paso pola parroquia de Fontecada, no Concello de Santa Comba.
O accidente foi provocado por unha colisión entre dous vehículos, un estacionado sen ocupantes no seu interior e outro que circulaba pola vía e que bateu neste. O operativo consistiu na sinalización da incidencia, na limpeza de restos da vía e na colaboración na retirada dos vehículos.
s bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba así como a Garda Civil de Tráfico.