Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba entregou cheques para material escolar a 140 familias

multiusos santa comba
As familias acodiron ao Multiusos
O Concello de Santa Comba entregou cheques para material escolar a 140 familias
O Concello de Santa Comba quixo axudar no comezo de curso aportando 9.600 euros distribuídos en cheques por valor de 80 e 40 euros para material escolar. 

A propia alcaldesa María Pose, acompañada do concelleiro de Educación, Manuel Iglesias, e a edil de Asuntos Socias, Esther Espasandín,  entregaron un total de 100 bonos por valor de 80 euros cada un para os escolares de Infantil e outros 40 cheques por valor de 40 euros cada un para alumnos de Primaria e Secundaria polo que en total serán 140 as familias beneficiadas desta axuda municipal.  

Esta aportación é importante sobre todo para os rapaces que cursen Infantil porque ningunha Administración ten habilitadas axudas para esas idades de escolarización.

Os cheques entregados este martes no salón de actos do edificio multiusos da capital xalleira poderán canxearse por material escolar en calqueira das librerías do municipio nunha demostración máis de que o Concello apoia de xeito incondicional ás empresas locais.
 

Comentarios