Rexistrados accidentes de tráfico en Entrecruces e Santa Comba
Dous accidentes de tráfico rexistrados nas útimas horas nas estradas da comarca.
Esta pasada noite, en Santa Comba
Corrían as 19:30 horas da tarde de onte, domingo 27 de outubro, cando se rexistraba colisión entre dous turismos na avenida de Brasil, no concello de Santa Comba. Na incidencia, dous vehículos colisionaron na AC-400 en dirección á Pereira. O operativo consistiu na asistencia ás vítimas, a sinalización da incidencia e a desconexións das baterías. Non foi preciso liberar aos ocupantes dos vehículos.
Completaron o operativo Protección Civil de Santa Comba e a Garda Civil de Tráfico de Corcubión.
Esta mañá, en Carballo
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron alertados pasadas as 07:00 horas desta mañá dun accidente de tráfico acontecido na DP19-14, á altura da parroquia de Entrecruces, no concello de Carballo.
A incidencia foi ocasionada por unha saída de vía dun turismo sobre a marxe dereita da vía. O condutor resultou ileso e non precisou ser liberado nin recibir asistencia sanitaria. Completaron o operativo o 061 de Carballo.