Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas nun accidente múltiple en Esmorode

CONSORCIO - ACCIDENTE SANTA COMBA
Dúas persoas tiveron que ser excarceradas nun accidente múltiple en Esmorode

Novo accidente rexistrado este pasado martes 9 de abril arredor das 12:20h na AC-400, á altura do punto quilométrico 57 ao seu paso por Esmerode, no concello de Santa Comba .

Tres vehículos víronse involucrados no sinistro: unha furgoneta cuxo condutor estaba ileso; un segundo vehículo cunha ocupante no seu interior con colar cervical; e un terceiro cun afectado no asento do copiloto cun traumatismo na cabeza e que tamén tiña un colar cervical. 

Os bombeiros procederon á estabilización deste último vehículo e á liberación das dúas persoas atrapadas.

Logo da retirada dos automóbiles da vía, persoal de mantemento de á recollida dos restos que estaban sobre o asfalto e a desengraxar o mesmo. Finalmente os bombeiros realizaron un baldeo para lavar a estrada.

No operativo tamén participou a Policía Local de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico de Corcubión, o 061 e SMPC de Santa Comba.

Comentarios